Por Resolución desta Alcaldía de data 18.8.2017, adxudicouse á empresa "MARCONSA, S.L.", o contrato das obras de "MELLORA DA CAPA DE RODADURA E DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS EN BURGÁNS (VILARIÑO)", por importe de 72.787,31 € (Ive incluído), cunha baixa de 43.616,65 € sobre o prezo de licitación (116.403,96 €).
As indicadas obras financiaranse ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016.
O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP e polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.
En Cambados, a 18 de agosto de 2017, a Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Pola presente convócase aos membros da MESA DE CONTRATACIÓN, para o vindeiro día 21 de agosto de 2017 (luns), ás 13.30 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, en relación co expediente do contrato do servizo de “DESEÑO DE PÁXINA WEB”, para dar conta do informe do Servizo de Novas Tecnoloxías da Excma. Deputación Provincial e formular proposta de adxudicación do contrato á Alcaldía/Xunta de Goberno Local, se procede.

En Cambados, 17 de agosto de 2017. O Concelleiro de Economía e Facenda, D. Xurxo Charlín Trigo.

Recentemente veñen de rematarse as obras de "DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (A PEDREIRA, REDUTORES E COVAS DE LOBOS)", subvencionadas ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/2015), foron executadas pola empresa adxudicataria "MARCONSA, S.L.", por un importe de 30.346,44 € (IVE incluído), cunha baixa de 14.838,98 €.
O que se fai público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.
En Cambados, a 14 de agosto de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.
Recentemente veñen de rematarse as obras de "DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (BLANCO AMOR, A MARIÑA E TRAVESÍA E.P. 9004)", subvencionadas ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/2015), foron executadas pola empresa adxudicataria "MARCONSA, S.L.", por un importe de 21.037,67 € (IVE incluído), cunha baixa de 11.488,23 €.
O que se fai público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.
En Cambados, a Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

No enlace que se xunta, únese ACTA DA MESA DE CONTRATACIÓN, celebrada no día de hoxe, 7 de agosto de 2017, na que se dou conta do informe do técnico municipal á xustificación das ofertas presentadas polas empresas Covsa, Nemesio Ordoñez, S.A. e Nexia Infraestructuras, S.L. e se formula proposta de adxudicación, en relación co contrato de "MELLORA CAPA DE RODADURA E DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS EN BURGÁNS (VILARIÑO)".

En Cambados, a 7 de agosto de 2017. 

Servizo de Contratación.

Enlaces

Por medio da presente infórmase que se procede á licitación do contrato menor das obras de "MELLORA DOS SERVIZOS URBANÍSTICOS NA RÚA BIMBIO".

Tódalas empresas que estean interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 21 de agosto de 2017 (luns),en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres.

No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunica-lo envío ao fax 986524866 ou ben a través da sede electrónica cambados.sedelectronica.gal

 

Deberán aporta-la documentación seguinte:

SOBRE A:

De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpren coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

SOBRE B:

Conterá a oferta económica.

ANEXO I

CADRO DE CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.

PRESUPOSTO DAS OBRAS:

Segundo o importe sinalado no proxecto redactada polo Técnico Municipal, ascenden a:

 

Denominación

Total

21%

IVE

Total

Contrata

Melora servizos urbanísticos R/Bimbio

16.528,92

3.471,07

20.000,00

FINANCIAMENTO.

O presente contrato financiaranse integramente con cargo ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos 2016 (Plan Concellos 2016),  da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.

FORMA DE PAGO

A entidade adxudicataria emitirá certificación/factura polo importe dos traballos realizados.

No caso de tratarse dunha entidade obrigada a emitir factura electrónica de conformidade co sinalado no artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público, deberá presenta-las facturas electrónicas a través da seguinte dirección de internet:

O código DIR do Concello de Cambados é L01360062.

Os códigos DIR3 de este Concello, de acordo coa súa estrutura organizativa son:

·Código da oficina contable: L01360062 – OC

·Código do órgano xestor: L01360062 – OG

·Código da unidade tramitadora: L01360062 – UT

O pago efectuarase por transferencia bancaria no prazo de 30 días dende a data de aprobación das certificacións de obra, de conformidade co sinalado no artigo 216.4 do TRLCSP.

PRAZOS DOS CONTRATOS.

3 MESES dende a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

PUBLICIDADE

Os gastos dos carteis de obra serán a cargo da empresa adxudicataria e o modelo a empregar será o establecido pola Excma. Deputación Provincial para o indicado Plan.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:

O único criterio será o do menor prezo de realización das obras sobre o prezo previsto na licitación.

A estes efectos o carácter desproporcionado ou anormal das ofertas, poderá apreciarse de acordo cos parámetros obxectivos establecidos regulamentariamente.

FIANZA

O adxudicatario do contrato deberá presentar unha fianza equivalente ao 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES, FORMA E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR.

O prazo de presentación de solicitudes e a documentación a entregar fixarase na invitación que se inserte na web.

En Cambados, 28 de xullo de 2018. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

 

 

Enlaces

No enlace adxunto únese o modelo de aval bancario para a constitución da garantía definitiva dos contratos dos que as empresas resulten adxudicatarias.

Unha vez cumprimentado o referido modelo, deberase presentar acompañado da escritura de apoderamento e fotocopia do D.N.I. da persoa apoderada na entidade bancaria, aos efectos de cotexo de sinatura.

En Cambados, 28 de xullo de 2017.

SERVIZO DE CONTRATACIÓN.

 

Enlaces

Por Resolución de Alcaldía de data 26/07/2017, adxudicouse á empresa "D. DAVID TORRES MASCATO", o contrato menor do subministro de "TOTEM", por importe de 10.284,97 € (Ive incluído), cunha baixa de 103,99 € sobre o prezo de licitación (10.388,96 €).

O indicado subministro financiaranse ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2017.

O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP e polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.

En Cambados, 26 de xullo de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Por Resolución de Alcaldía de data 26/07/2017, adxudicouse á empresa "ARINES, OBRAS Y PROYECTOS, S.L.", o contrato menor das obras de "MELLORA DAS PISTAS DE TENIS DE O POMBAL", por importe de 17.742,00 € (Ive incluído), cunha baixa de 2.258,00 € sobre o prezo de licitación (20.000,00 €).

As indicadas obras financiaranse ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016.

O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP e polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.

 En Cambados, a 26 de xullo de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Por Resolución de Alcaldía de data 29/06/2017, adxudicouse á empresa "CONTALOCAL, S.L.", o contrato menor de servizo para a realización dos traballos de “TRASLADO DO SERVIDOR DO CONCELLO", por importe de 5.266,05 € (Ive incluído).
O indicado servizo financiarase ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2017.
O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP e polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.
En Cambados, 22 de xullo de 2017, a Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina