Ver todas as novas do día...

  • Foto da nova

    Convocatoria do pleno ordinario de maio

    O xoves 25 de maio, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte

     

    ORDE DO DÍA:

    I Parte resolutiva

    1. Aprobación da acta da sesión ordinaria celebrada o 27 de outubro de 2016.

    2. Aprobación inicial, se procede, do Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Cambados.

    3. Bonificación se procede do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras da obra de Ampliación do IES Francisco Asorey.

    II Parte de control e fiscalización da xestión dos órganos municipais de goberno

    4. Acordo de Goberno por unha tributación xusta nos impostos da Xunta de Galicia.

    5. Acordo de Goberno para reclamar á Consellería de Sanidade que se mellore o servizo de cociña e cafetería do Hospital do Salnés.

    6. Acordo de Goberno para demandar a creación dun órgano de control, seguimento e avaliación das reclamacións presentadas ao amparo do R.D.L. 1/2017.

    7. Dar conta das resolucións da alcaldía.

    8. Rogos e preguntas.


     

    Lembramos que a sesión plenaria será emitida en directo a través da nosa canle en youtube, con enlace nesta mesma páxina web.


    LER MÁIS

  • Foto da nova

    Cambados será unha das localidades que acollerá este venres a homenaxe a Lita Cabellut

    Lita Cabellut estará este venres na nosa vila, onde ás 12:00 se inaugurará unha instalación súa no concello, enmarcada dentro da VI semana mundial da educación artística convocada pola UNESCO.

    Os actos previstos na comarca do Salnés comezan mañá xoves en Vilanova de Arousa, cunha presentación e photocall na escola de arte Sienna ás 11:00, e ás 12:00 inaugurará unha instalación artística no Concello. Ás 18:00 será o turno de Vilagarcía, onde inaugurará unha instalación na casa da Cultura.

    O venres será o turno de Cambados, onde ás 12:00 será inaugurada unha instalación súa na praza do Concello. Por último, a Illa pechará os actos de homenaxe con outra instalación que será inaugurada ás 18:00 na praza do Concello, e ás 21:00 haberá un concertó homenaxe.

    Lita Cabellut (Sariñena, 1961) é unha artista multidisciplinar española que traballa con óleo sobre lenzo, debuxos en papel, escultura, fotografía, poesía, poemas visuais e vídeos. De orixe xitana, foi criada en Barcelona e desde os 19 vive na Haia. Recoñecida pola súa pintura, traballa con lenzos de gran formato utilizando unha característica variación contemporánea da técnica do fresco.1 En 2011 recibiu o Premio de Cultura Xitana de Pintura e Artes Plásticas do Instituto de Cultura Xitana en recoñecemento ao traballo realizado en beneficio da cultura xitana no mundo. En 2015 foi recoñecida pola revista especializada Artprice como un dos artistas contemporáneos máis cotizados do mundo, situándoa no posto 333 só por detrás de Miquel Barceló e Juan Muñoz do seu "top 500" e converténdose na artista feminina española máis cotizada.

    LER MÁIS

  • CONXUNTO HISTÓRICO

    Cambados posúe un Conxunto Histórico que foi declarado Ben de Interese Cultural. É un dos mellor restaurados de Galicia. O patrimonio cambadés loce pazos e casas nobles, esculturas deseñadas por grandes artistas e pezas de arte popular, prazas e rúas empedradas, un pracer para quen ama a arte e a historia.

  • Albariño

    Cambados tamén é coñecida como a Capital do Albariño, pois o cultivo e a exportación do viño danlle renome a nivel mundial. Aquí creouse e impulsouse a Denominación de Orixe Rías Baixas, que controla e mellora a produción vinícola para a súa exportación aos principais mercados.

  • Gastronomía

    A calidade dos peixes e mariscos, así como dos froitos da horta, converten á gastronomía nun dos sectores básicos da economía cambadesa. A degustación de produtos típicos da ría de Arousa, regados cun aromático Albariño, é un dos sinais peculiares que distingue a este municipio.

  • Festas

    Durante todo o ano en Cambados desenvólvense programas de actividades festivas e culturais. Hai concertos de primeiro nivel, danza e teatro, festivais folclóricos, exposicións de arte, deportes, espectáculos ao aire libre... Os visitantes intégranse no ambiente con gran facilidade, grazas á acollida da xente.

  • Natureza

    Outro dos grandes praceres de Cambados consiste en percorrer a costa a través de paseos marítimos, ou sendeiros naturais dende onde se contemplan frondosas paisaxes e as míticas postas de sol. Resulta agradable achegarse á praia para observar ás mariscadoras recollendo moluscos.

  • Museos

    En Cambados pódense visitar catro museos: o Museo Etnográfico e do do Viño, o Muiño de Mareas de A Seca, a Casa Museo do Pescador e a Casa Museo do gran poeta Ramón Cabanillas.