O Concello de Cambados e o campo de Golf de Meis dan continuidade á colaboración iniciada este ano coa organización da I Semana de Ouro do Albariño, que foi un éxito en canto a organización e participación.

Nesta ocasión ambas entidades organizan unha xornada chamada “GOLF FEMININO PLURAL”. Trátase dunha actividade gratuíta que se desenvolverá no campo de golf de Meis o vindeiro domingo 10 de decembro cun programa para 55 mulleres que participarán na mesma.

Con estas actividades o Concello de Cambados pretende aproveitar o gran recurso que é o campo de golf para beneficio da súa poboación e do turismo que acode á zona, baixo o lema “Cambados tamén ten campo de golf”

 

O programa da xornada, que se desenvolverá o domingo 10 de decembro, será o seguinte:

11:00 Saída do autobús dende o aparcamento da igrexa de Castrelo e a estación de autobuses de Cambados

11:15 Almorzo e mesa redonda sobre “o golf como xestor de emocións”

11:45 Bautizo de golf na cancha de prácticas

12:15 Concurso de pateo en putting Green

12:45 Despedida e reparto de información

13:00 Saída en autobús de regreso a Cambados

 

A xornada está aberta a todas as asociación de mulleres e mulleres en xeral que queiran participar, as cales se deberán inscribir no Concello de Cambados. Participan na xornada a asociación de mulleres rurais de Castrelo “as Saíñas” e a asociación “ESMAR”

As vilas de Cambados, Meaño, O Grove e Sanxenxo acollen  entre o 7 e o 9 de decembro  o VI Torneo Deputación de Pontevedra de Seleccións Xuvenil, Cadete e Infantil masculina e feminina. Este torneo servirá como antesala do próximo campionato de España de Seleccións Territoriais.

Arquivos adxuntos

Entre o 15 e o 21 de decembro realizaranse no Auditorio Municipal da Xuventude as audicións de Nadal da escola municipal de música e do conservatorio. Estas audicións realizaranse ás 18 e ás 20 horas.

Emisión en directo do Pleno Ordinario Municipal do concello de Cambados do mes de Novembro de 2017.

DECRETO
 
En uso das atribucións conferidas a esta Alcaldía polo artigo 21.1.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e demáis preceptos concordantes do Regulamento de Organización, Funcionamiento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro (ROF) e de conformidade co previsto no artigo 24 do R.O.M. que permite á alcaldía a instancia dos voceiros varialo día da sesión por causas xustificadas, por medio do presente veño en convocar sesión ordinaria que se celebrará no Salón de Plenos o vindeiro día 4 de decembro, ás 21:00 horas e no caso de non existir quórum necesario, en segunda convocatoria dous días despois á mesma hora, para debatir os asuntos relacionados no seguinte:
 
II PARTE DE CONTROL E FISCALIZACIÓN DA XESTIÓN DOS ÓRGANOS MUNICIPAIS DE GOBERNO
 
1º.- Moción do grupo municipal do Partido Popular para apoiar e respaldar ás forzas e corpos de seguridade do estado como garantes do estado de dereito.
2º.- Moción do grupo municipal de Somos Cambados de Rexeitamento da Proposición de Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais.
3º.- Moción do grupo municipal socialista con motivo do día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero.
4º.- Moción do grupo municipal socialista sobre a vaga de lumes que asolou Galicia.
5º.- Moción do grupo municipal de Somos Cambados na defensa dunha política agroforestal ao servizo da xente.
6º.- Moción do grupo municipal do BNG contra os lumes forestais e polo desenvolvemento rural.
7º.- Dar conta das resolucións da alcaldía, meses de outubro e novembro
8º.- Rogos e preguntas
 
Da presente convocatoria, e da orde do día darase a debida notificación a todos os membros da Corporación, procedéndose á súa publicación no taboleiro de edictos.

 

A Deputación Provincial de Pontevedra ven de presentar a súa Guía de Comunicación Inclusiva, así como o seu primeiro regulamento de comunicación inclusiva.

Na Deputación de Pontevedra estase implantando a perspectiva de xénero nos procesos de comunicación, tanto nas actuacións administrativas internas e externas coma nas relación coas persoas e as demáis organizacións e institucións.

A linguaxe é o vehículo que nos permite comunicar os nosos pensamentos, vivencias, opinión e experiencias de vida. Daquela, mediante a linguaxe temos que romper cos estereotipos de xénero e vermos por igual as mulleres e os homes. O que non se nomea non existe.

Froito deste traballo e co fin de facilitar esta comunicación acábase de editar esta guía de comunicación inclusiva que servirá de documento-guía con recursos e recomendacións adaptadas á linguaxe escrita, iconográfica e dixital, e que pode ser descargada como arquivo adxunto: 

Arquivos adxuntos

Rematan as charlas sobre a separación e a reciclaxe no CEIP Antonio Magariños coa presenza da Concelleira de Medio Ambiente, Mª José Cacabelos.

Esta campaña de sensibilización levouse a cabo en tódolos colexios de educación infantil e primaria do Concello. Foron impartidas por persoal especializado da empresa URBASER, encargada da recollida do lixo.

Continuaremos con esta actividade formativa nos centros de educación secundaria ó longo do seguinte trimestre.

Estas accións forman parte da campaña de sensibilización en materia de separación, reciclaxe e compostaxe que se está a realizar dende esta Concellaría, coa fin de informar á cidadanía da importancia da redución dos residuos e da axeitada separación na orixe para a súa posterior reciclaxe.

O servizo de información, orientación e prospección de emprego do Concello de Cambados informa das seguintes ofertas de emprego:

Nortempo Vilagarcía selecciona Comercial – Promotor/a Horeca para importante empresa do sector da alimentación de Pontevedra.

Si estas interesado/a, envía o teu CV  (keltoi.camean@nortempo.com) ou acude ás nosas oficinas:

R/ Arzobispo Lago 26 1A (Vilagarcía de Arousa)
986565065

Arquivos adxuntos

Cambados recupera as Xornadas de Exaltación da Zamburiña.
Tras catro anos de ausencia pola escaseza de capturas, Concello, Asociación de Comerciantes, e Confraría de Pescadores retoman as Xornadas que se celebrarán do 30 de novembro ao 5 de decembro.

Dez locais de hostelería participarán na iniciativa coa elaboración de propostas a base de zamburiña que se servirán a un prezo de seis euros a ración, doce euros se vai acompañada dunha botella de Albariño.

A Sala de Exposicións do Pazo de Torrado acolle entre o 24 de novembro e o 7 de xaneiro, en horario de 17 a 20 horas de martes  a domingo a exposición “Silencios Naturais”, de Morquecho.  A inauguración terá lugar o sábado 25 ás 20h.

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina