Ver todas as novas do día...

  • Foto da nova

    Convocatoria Plan de Formación Continua 2017

    A Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia (Leiro-Pontevedra), convoca as seguintes accións formativas dentro do “Plan de Formación Continua no agro galego 2017”, para a súa próxima impartición:

    Operadores de Produción Integrada en viñedo (30 h), do 6 de novembro o 17 de novembro en horario de 15:30-18:30 horas.

    - Elaboración de viños e derivados (35h), do 6 de novembro o 21 de novembro, en horario de 19:00-22:00 horas.

    Esta formación de carácter gratuita, está dirixida a todas as persoas interesadas e vinculadas co sector agrario.

    Para poder participar nas mesmas, requírese cubrir unha solicitude polo interesado na Estación Exp. de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, no horario de 9:00 a 14:00h. O prazo estará aberto dende o 23 de outubro ata o 3 de novembro.

    Para máis información, chamar no horario de 9:00 a 14:00 horas, o seguinte número de teléfono 886159412.


     

     


    LER MÁIS

  • Foto da nova

    A Deputación impulsa a campaña

    A presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que "esta actuación, que contribúe a desestacionalizar o turismo nas Rías Baixas, pretende difundir o enorme valor cultural que teñen estes espazos"

    Carmela Silva deu a coñecer esta mañá a nova iniciativa titulada "Visitas singulares Rías Baixas: Cemiterios históricos" que a Deputación de Pontevedra vai poñer en marcha para desestacionalizar o turismo na provincia. "A través desta acción singular – asegurou Silva – pretendemos ofrecer alternativas que se afasten dos estereotipos do noso destino porque o noso obxectivo é amosar toda a realidade e potencialidade das Rías Baixas".

    Ao respecto, a presidenta provincial asegurou que o "turismo de cemiterios está despuntando desde o ano 2015 debido ao grande valor que teñen estes espazos e a súa carga histórica. Así, o Consello de Europa recoñeceu, no ano 2010, como itinerario cultural unha Ruta dos Cemiterios Europeos". Por este motivo, tal e como manifestou Silva, a institución provincial vai levar a cabo unha acción promocional de divulgación de seis cemiterios singulares da provincia de Pontevedra entre os que se atopan Santa Mariña de Dozo (Cambados), o Cemiterio dos Ingleses (Vilagarcía de Arousa), o de San Mauro (Pontevedra), Pereiró (Vigo), Eidos (Redondela) e Arcos de Furcos (Cuntis).

    LER MÁIS

  • CONXUNTO HISTÓRICO

    Cambados posúe un Conxunto Histórico que foi declarado Ben de Interese Cultural. É un dos mellor restaurados de Galicia. O patrimonio cambadés loce pazos e casas nobles, esculturas deseñadas por grandes artistas e pezas de arte popular, prazas e rúas empedradas, un pracer para quen ama a arte e a historia.

  • Albariño

    Cambados tamén é coñecida como a Capital do Albariño, pois o cultivo e a exportación do viño danlle renome a nivel mundial. Aquí creouse e impulsouse a Denominación de Orixe Rías Baixas, que controla e mellora a produción vinícola para a súa exportación aos principais mercados.

  • Gastronomía

    A calidade dos peixes e mariscos, así como dos froitos da horta, converten á gastronomía nun dos sectores básicos da economía cambadesa. A degustación de produtos típicos da ría de Arousa, regados cun aromático Albariño, é un dos sinais peculiares que distingue a este municipio.

  • Festas

    Durante todo o ano en Cambados desenvólvense programas de actividades festivas e culturais. Hai concertos de primeiro nivel, danza e teatro, festivais folclóricos, exposicións de arte, deportes, espectáculos ao aire libre... Os visitantes intégranse no ambiente con gran facilidade, grazas á acollida da xente.

  • Natureza

    Outro dos grandes praceres de Cambados consiste en percorrer a costa a través de paseos marítimos, ou sendeiros naturais dende onde se contemplan frondosas paisaxes e as míticas postas de sol. Resulta agradable achegarse á praia para observar ás mariscadoras recollendo moluscos.

  • Museos

    En Cambados pódense visitar catro museos: o Museo Etnográfico e do do Viño, o Muiño de Mareas de A Seca, a Casa Museo do Pescador e a Casa Museo do gran poeta Ramón Cabanillas.