A asociación de comerciantes Cambados Zona Centro e o Concello organizan a terceira edición do Desfile de Moda. A cita terá lugar o vindeiro domingo 19 de novembro as 18:00 horas no Salón de Exposicións José Peña. O acto de presentación contou coa participación do presidente da Asociación, Juan Rey, o Concelleiro de Economía, Xurxo Charlín, xunto co responsable da empresa organizadora Hugo Andrade.

O evento contará coa participación de 22 establecementos entre tendas de roupa, calzado e deportes, barbarías, unha óptica e unha libraría. Entre o pases haberá dúas demostracións, unha de zumba e outra de artes marciais. Aproveitando este evento instalarase unha mesa informativa da asociación TDAH do Salnés, que tamén ofrecerá talleres para os máis pequenos.