Os máis pequenos de Cambados teñen este sábado unha festa de despedida do verán e adaptación ao novo curso escolar que acaba de comezar.


Trátase do Festival “Bule na Noite” que terá lugar no entorno de San Tomé a partir das 20 horas con tres actividades distintas: clase de zumba, carreira infantil e unha actuación musical.

A iniciativa, promovida dende a Concellería de Servizos Sociais, terá ademáis unha finalidade solidaria coa entrega de material escolar para poder participar.


O recadado será entregado ás familias máis necesitadas do municipio.

Así o explicaban esta mañá o concelleiro Tino Cordal e unha das organizadoras de Bule na Noite, Bárbara Abal, na presentación do Festival