BANDO

Fátima Abal roma, como Alcaldesa-Presidenta do Concello de Cambados, en base ás atribucións que me confire o artigo 21.1.e) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, en relación co disposto no artigo 84.1.a) do mesmo texto normativo, que establece a posibilidade de intervir a actividade dos cidadáns por parte dos Concellos, é polo que a través do presente BANDO,

FAGO SABER:

Que segundo a Orde APA/2442/, do 27 de xullo, pola que se establecen medidas específicas de protección en relación coa influencia aviaria, se sinala a obriga das persoas titulares de explotacións avícolas non comerciais no Concello de Cambados de figurar nun rexistro administrativo no que se inclúan os datos do titular e enderezo, as especies e número habitual de aves criadas, e os sistemas de cría en relación con se as aves teñen acceso ou non ao exterior das instalación onde se crían. Asimesmo as persoas que críen aves de curral deben recluílas en espazos cubertos. No caso de non contar con instalación cubertas, e sempre que os comedeiros e bebedeiros das aves estean illados do exterior, pódense manter as aves no exterior cubertas cunha malla paxareira ou dispositivo similar que impida o contacto con aves silvestres. No caso de que se críen parrulos ou gansos debe facerse separadamente das demais especies de aves se as houbera.

Polo exposto prégase ás persoas titulares de explotación avícolas non comerciais que se inscriban no rexistro de explotacións avícolas non comerciais dependente da Consellería de Medio Rural, pudendo cubrir o formulario no Concello de Cambados.

En Cambados. A ALCALDESA.

Arquivos adxuntos