Pechado o prazo de inscripcións, a VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS  contará cun número de 417 corredores/as. De estes, 359 serán homes e 58 mulleres. Ademáís, contaremos con 63 cambadeses/as. Entre os favoritos a levarse a proba, en homes estarán os atletas da Sociedade Gimnástica Rubén Diz e Manuel “Huracán” Hurtado e o mediofondista internacional marinense do Miller, Víctor Riobó. Tamén pode entrar nas quinielas o atleta de La Bañeza Alejandro Martínez. No caso das féminas, as grandes favoritas para repartirse os tres primeiros postos son as irmás venezolanas afincadas en Pontevedra Edymar e Joselyn Brea e  Paula Mayobre de Ares. Entre os veteranos destacan Javier Fernández Feijoó e Esther Pedrosa, lendas do atletismo galego e español.

IMPORTANTE

 

ESTE DOMINGO 9 DE XULLO, CON MOTIVO DA CARREIRA POPULAR, DAS 09:30 ÁS 12:00 HORAS DA MAÑÁN PECHARANSE Ó TRÁFICO DE VEHÍCULOS NAS SEGUINTES RÚAS DO CENTRO: PRAZA DE FEFIÑÁNS, AVENIDA DE A CORUÑA, O POMBAL, RIBEIRA DE FEFIÑÁNS, PASEO DA CALZADA, PRAZA DO CONCELLO, PASEO MARÍTIMO, ALAMEDA DE SANTOMÉ, AVENIDA DE GALICIA, AVENIDA DE VILARIÑO, AVENIDA DE MADRID E RÚA REAL.

PREGAMOS DE TÓDOLOS VECIÑOS COLABORACIÓN E QUE SEPAN DISCULPAR AS POSIBLES MOLESTIAS