Cambados adianta as festas de verán cun evento alternativo para a mocidade e ao mesmo tempo solidario co refuxio de animais.

Trátase do Cambados Live Festival, que se celebrará o 8 de xullo, a partir das 11.30 da noite na Praza do Concello coa música de dous djs internacionais.

Ademáis, o evento servirá para recadar fondos para o Refuxio de Animais de Cambados, que terá un punto de venda dos seus productos.