Dende a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia convócanse unha serie de axudas destinadas ás persoas galegas retornadas, tanto para axudar a paliar situacións de carencia nas que se poidan encontrar na súa chegada a Galicia como para aquelas persoas que deciden emprender un negocio.

 

As liñas de axuda da Secretaría Xeral de Emigración son:

  • Axudas a emigrantes galegos retornados: trátase da concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á comunidade autónoma de Galicia.

    • Esta axuda publicouse no DOG o 15 de marzo de 2017.

    • As persoas interesadas poderán pedila ata o 31 de agosto de 2017.

  • Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas: estas axudas teñen como obxecto promover o autoemprego e a actividade emprendedora na comunidade autónoma galega das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que produce o seu establecemento como traballadores/as autónomaos/as ou por conta propia, ou como socios traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado co fin de favorecer o retorno a Galicia.

    • Esta axuda publicouse no DOG o 20 de febreiro de 2017.

    • As persoas interesadas poderán presentar solicitudes ata o 29 de setembro de 2017.

 

Poderán acceder a elas as seguintes persoas:

  • Persoas galegas e nacidas en Galicia que, residindo fóra de España, se establezan na comunidade autónoma galega.

  • Cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os fillos das persoas relacionadas no punto anterior que, residindo fóra de España, se establezan na comunidade autónoma de Galicia.

  • Os beneficiarios deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do seu retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

Arquivos adxuntos