Ver todas as novas do día...

  • Foto da nova

    O Concello de Cambados e o campo de Golf de Meis organizan a xornada “GOLF FEMININO PLURAL”

    O Concello de Cambados e o campo de Golf de Meis dan continuidade á colaboración iniciada este ano coa organización da I Semana de Ouro do Albariño, que foi un éxito en canto a organización e participación.

    Nesta ocasión ambas entidades organizan unha xornada chamada “GOLF FEMININO PLURAL”. Trátase dunha actividade gratuíta que se desenvolverá no campo de golf de Meis o vindeiro domingo 10 de decembro cun programa para 55 mulleres que participarán na mesma.

    Con estas actividades o Concello de Cambados pretende aproveitar o gran recurso que é o campo de golf para beneficio da súa poboación e do turismo que acode á zona, baixo o lema “Cambados tamén ten campo de golf”

     

    O programa da xornada, que se desenvolverá o domingo 10 de decembro, será o seguinte:

    11:00 Saída do autobús dende o aparcamento da igrexa de Castrelo e a estación de autobuses de Cambados

    11:15 Almorzo e mesa redonda sobre “o golf como xestor de emocións”

    11:45 Bautizo de golf na cancha de prácticas

    12:15 Concurso de pateo en putting Green

    12:45 Despedida e reparto de información

    13:00 Saída en autobús de regreso a Cambados

     

    A xornada está aberta a todas as asociación de mulleres e mulleres en xeral que queiran participar, as cales se deberán inscribir no Concello de Cambados. Participan na xornada a asociación de mulleres rurais de Castrelo “as Saíñas” e a asociación “ESMAR”

    LER MÁIS

  • Foto da nova

    VI Torneo Deputación de Pontevedra de balonmán

    As vilas de Cambados, Meaño, O Grove e Sanxenxo acollen  entre o 7 e o 9 de decembro  o VI Torneo Deputación de Pontevedra de Seleccións Xuvenil, Cadete e Infantil masculina e feminina. Este torneo servirá como antesala do próximo campionato de España de Seleccións Territoriais.

    LER MÁIS

  • CONXUNTO HISTÓRICO

    Cambados posúe un Conxunto Histórico que foi declarado Ben de Interese Cultural. É un dos mellor restaurados de Galicia. O patrimonio cambadés loce pazos e casas nobles, esculturas deseñadas por grandes artistas e pezas de arte popular, prazas e rúas empedradas, un pracer para quen ama a arte e a historia.

  • Albariño

    Cambados tamén é coñecida como a Capital do Albariño, pois o cultivo e a exportación do viño danlle renome a nivel mundial. Aquí creouse e impulsouse a Denominación de Orixe Rías Baixas, que controla e mellora a produción vinícola para a súa exportación aos principais mercados.

  • Gastronomía

    A calidade dos peixes e mariscos, así como dos froitos da horta, converten á gastronomía nun dos sectores básicos da economía cambadesa. A degustación de produtos típicos da ría de Arousa, regados cun aromático Albariño, é un dos sinais peculiares que distingue a este municipio.

  • Festas

    Durante todo o ano en Cambados desenvólvense programas de actividades festivas e culturais. Hai concertos de primeiro nivel, danza e teatro, festivais folclóricos, exposicións de arte, deportes, espectáculos ao aire libre... Os visitantes intégranse no ambiente con gran facilidade, grazas á acollida da xente.

  • Natureza

    Outro dos grandes praceres de Cambados consiste en percorrer a costa a través de paseos marítimos, ou sendeiros naturais dende onde se contemplan frondosas paisaxes e as míticas postas de sol. Resulta agradable achegarse á praia para observar ás mariscadoras recollendo moluscos.

  • Museos

    En Cambados pódense visitar catro museos: o Museo Etnográfico e do do Viño, o Muiño de Mareas de A Seca, a Casa Museo do Pescador e a Casa Museo do gran poeta Ramón Cabanillas.